A CIG-Industria gaña as eleccións na empresa Inturasa de Ourense, do grupo Pérez Rumbao

A central fíxose co delegado/a de persoal que se escollía ao sumar 11 dos 13 votos do censo

Ourense -

A federación de Industria da CIG de Ourense gañou as eleccións sindicais que se veñen de celebrar en Inturasa, pertencente ao grupo Pérez Rumbao. A central sindical fíxose co delegado/a de persoal que se escollía ao sumar 11 dos 13 votos do censo.

Dende a CIG-Industria salientan a importancia desta nova vitoria electoral nunha empresa onde a representación sindical é ostentada historicamente pola central, tendo en conta as manobras da dirección para favorecer a CCOO e UGT. 

A propia responsábel de recursos humanos da empresa intentou atopar un candidato para a UGT

Até o punto de que a propia responsábel de recursos humanos estivo intentando atopar un candidato para a UGT. Mais como non o logrou finalmente concorreu ao proceso unha única candidatura, a da CIG. O apoio por parte do cadro de persoal foi practicamente absoluto, xa que a central sumou os 11 votos emitidos, dun censo total de 13.

Por iso a CIG-Industria agradece a confianza depositada polos traballadores/as de Inturasa no proxecto que representa e adianta que a representación sindical continuará a defender os dereitos laborais do conxunto do cadro de persoal.

Inturasa, que fai parte do grupo Pérez Rumbao, é un concesionario da marca Iveco que está situado no polígono industrial de Barreiros, no concello de San Cibrao das Viñas.

Volver