A CIG-Industria faise de novo con toda a representación no comité de empresa de CZ Vaccines do Porriño

A central obtivo os 13 delegados/as ao ser o único sindicato que foi quen de presentar candidatura
O Porriño - 29 Out 2021

A federación de Industria da CIG de Vigo volveu facerse coa totalidade da representación no comité de empresa de CZ Vaccines do Porriño, nesta ocasión logrando os 13 delegados/as que se escollían, ao ser o único sindicato que foi quen de presentar candidatura na compañía farmacéutica do grupo galego Zendal.

No proceso celebrado este xoves 28 a CIG obtivo 104 votos dos 114 emitidos no colexio de especialistas, onde se escollían 9 delegados/as, mentres que 10 foron en branco. Entre o persoal técnico e administrativo, que elixía 5 representantes, a central sindical contabilizou 55 votos, rexistrándose 5 en branco. 

No anterior proceso a CIG sumara os 9 delegados/as que se escollían

É a segunda ocasión consecutiva na que a CIG logra a totalidade da representación, tras sumar os 9 delegados/as que se escolleron no anterior proceso, ao que tamén concorreu unha unha candidatura. En 2011 a central sindical contaba con 7 representantes, por 2 da UGT. Pero nas eleccións sindicais anteriores a ese ano a UGT contaba cos 9 delegados/as do comité.

Dende a representación sindical da CIG en CZ Vaccines agradecen a confianza e o apoio amosados polo cadro de persoal e amosan a súa disposición a loitar polos dereitos laborais do conxunto dos traballadores/as da empresa.