A CIG lamenta a morte do avogado vigués José Barca

Na central salientan a súa defensa dos dereitos da clase traballadora, primeiro na CXTG e logo coa CIG
Vigo - 26 Feb 2018

A Confederación Intersindical Galega (CIG) amosa o seu pesar polo pasamento do avogado vigués José Barca (Vigo, 1960-2018) e trasládalle o seu apoio á familia, aos compañeiros/as e aos amigos/as do finado. Dende a central salientan o compromiso do falecido na defensa dos dereitos da clase traballadora, primeiro dende o seu traballo na CXTG e posteriormente a través da súa constante colaboración coa CIG.

Que a terra che sexa leve compañeiro!