A CIG logra a maioría absoluta nas eleccións sindicais do persoal laboral do Concello de Chantada

Obtén 3 dos/as 5 membros do comité

Chantada -

A CIG vén de gañar as eleccións sindicais celebradas onte, martes 4 de xuño, entre o persoal laboral do Concello de Chantada ao lograr 3 dos 5 delegados/as do comité  de empresa. Deste xeito, por primeira vez, a CIG consegue a maioría absoluta no órgano de representación do persoal laboral.

Dende a central nacionalista destácase a elevada participación neste proceso, xa que dun total de 78 traballadoras/es acudiron a votar 72 persoas (23 no colexio de técnicos/as, onde se escollían 2 delegado/a, e 52 no colexio de Especialistas, que elixía 3 representantes).

Os resultados das votacións foron os que seguen:

Colexio

CIG

CSIF

Votos

Delegados/as

Votos

Delegados/as

Técnicos/as

12

1

11

1

Especialistas*

30

2

18

1

Total

42

3

29

2

*Aos votos neste colexio hai que sumarlle un voto en branco

A CIG agradece a confianza depositada polo persoal laboral do Concello de Chantada nas súas candidaturas e reafirma o seu compromiso na defensa dos dereitos dos traballadores e das traballadoras e por uns servizos públicos de calidade. Neste senso, algúns dos retos máis inmediatos a abordar pola representación da CIG son rematar a RPT que segue a medio facer e sentar as bases para iniciar a negociación do novo convenio colectivo (o actual está caducado), que recolla melloras salariais e laborais reais.  

Volver