A FGAMT-CIG de Ferrol vén de convocar unha mobilización para rexeitar o despedimento represivo dun delegado na empresa Pérez Torres Marítima de Ferrol no marco da campaña de “intimidación” posta en marcha pola dirección contra o sindicato. A protesta terá lugar este venres día 10 diante do SMAC ás 10:30 horas.
Dende a central sindical denuncian que a compañeiro foi despedido alegando motivos” máis que dubidosos”, xa que o único motivo real é a “limpa sindical” que a dirección pretende facer no centro de traballo do peirao de Ferrol. Por iso decidiron dar a coñecer publicamente a situación de represión sindical que está a acontecer na empresa e a posta en marcha dunha campaña de “intimidación” coa que se que se pretende a “desaparición” do único sindicato “realmente molesto” dentro da compañía.
Con esta campaña de “intimidación” a dirección pretende a “desaparición” do único sindicato “realmente molesto” dentro da compañía
“Con este despedimento trátase de facerlle entender ao persoal que a única maneira de ter un futuro cómodo na empresa pasa por tragar con todo o que a dirección queira e por non significarse sindicalmente a favor da CIG no centro de traballo. A rescisión de contrato do delegado sindical é un recado inequívoco para disuadir de calquera disidencia no futuro”.
Fonte a isto, a central sindical desenvolverá unha concentración o vindeiro 10 de xullo ás 10:30 horas ás portas do SMAC en defensa do dereito fundamental á liberdade sindical no centro de traballo “e para tratar de rematar con esta situación e poñer coñecemento da opinión pública o que está a acontecer nesta empresa”.