O sector de Carpintaría da Coruña irá á folga o 29 de xuño e o 13, 27 e 28 de xullo por un convenio digno

Traballadores/as concentráronse onte diante de Santos, en Boqueixón
Nacional - 23 Xun 2022

A FCM-CIG, Federación da Construción e Madeira da CIG concentrouse onte  diante da empresa  Santos, Cocinas y Baño, en Camporrapado, Boqueixón, para reclamar un convenio digno no sector de Carpintaría e Ebanistaría da provincia da Coruña.

Esta foi a quinta e última concentración tras das celebradas nas empresa  Inditex, Malasa, Ramón García, e Cándido Hermida

O 29 de xuño será o primeiro día de folga convocada para todo o Sector de Carpintería e Ebanistaría da provincia de A Coruña, que tamén esta convocada para os días 13 , 27 e 28 de xullo.

A CIG denuncia que a proposta da patronal lonxe  de garantir  o poder adquisitivo, fai que as traballadoras e traballadores sigan a empobrecerse e aboca ao persoal a un medre salarial moi por baixo do IPC, sen cláusulas de revisión salarial anuais con atrasos.

Segue a reclamarse ademais un Plus de quendas e que se regule o traballo dos traballadores desprazados.

Por iso a CIG fai un chamamento a secundar a folga masivamente, para acadar o obxectivo dun Convenio digno e con salarios xustos.