A CIG no Concello de Ferrol solicitará a intervención da Inspección e depurar responsabilidades polo grave accidente sufrido por un bombeiro

Ferrol - 20 Feb 2026

A CIG no Concello de Ferrol quere trasladar toda a solidariedade e apoio ao bombeiro ferido gravemente no día de onte mentres realizaba unha intervención, así como aos seus compañeiros e compañeiras de servizo, e avanza que solicitará a intervención da Inspección de Traballo para que investigue o accidente e se depuren responsabilidades.

Tendo en contra estes feitos graves, a sección sindical reclama tamén a dimisión do alcalde, das concelleiras de Recusos Humanos e de Seguridade, e do persoal directivo e responsábel, do coordinador xeral e do xefe de bomebeiros e solicita que a investigación pase ao servizo de prevención municipal (a quen lle corresponde), participar na investigación e acceso ao informe técnico completo.

Neste senso, a representación da CIG advirte que non existen instrucións de traballo e tampoco existe avalicación de riscos segundos os diversos tipos de intervención: incendio, gas, materias perigosas, etc. Ademais hai incumprimentos de prevención de riscos laborais nos procedementos en situación de carencia de operativos nas diferentes quendas que xa foran comunicadas á Inspección de Traballo e, destacan que non se impartiu formación no uso do novo camión escaleira que se utilizou no sinistro da madrugada deste xoves.

Por todos estes motivos, a sección sindical demanda que se depuren responsabilidades e se corrixan, dunha vez, todas as eivas en materia de prevención e falta de persoal neste servizo.