A CIG-Ourense reclama atención presencial nas Administracións ante o déficit de conexión á rede

A situación provoca “desatención e desprotección” da cidadanía
Ourense - 28 Ago 2020

A Unión Comarcal da CIG de Ourense reclámalle ás Administracións que volvan á atención presencial unha vez finalizado o estado de alarma, sobre todo tendo en conta o déficit de conexión á rede existente na provincia, para rematar coa “desatención e desprotección” que padece a cidadanía que pretende realizar un trámite.

Dende a CIG-Ourense denuncian que esta situación está a provocar consecuencias moi negativas para as persoas traballadoras e a cidadanía, “xa que calquera que teña que realizar xestións ante o INSS, o SEPE ou a Xunta pasa por un auténtico calvario” porque non hai atención presencial e derivan todos os trámites á vía telemática ou á cita previa telefónica. 

Calquera que teña que realizar un trámite ou unha xestión pasa por un auténtico calvario

“Se temos en conta o déficit estrutural que ha na provincia en materia de conexión á rede, a dificultade que esta alternativa ten para unha poboación moi avellentada e sen formación e o feito de que os teléfonos de contacto están colapsados ou quedan as chamadas sen atender, o resultado é a desprotección absoluta das persoas que solicitan a atención administrativa á que legalmente teñen dereito”.

A isto hai que sumar as citas que se concertan para dentro de tres meses, “cando os prazos de reclamación son notablemente máis curtos ou os trámites “imposíbeis de realizar” e que repercuten directamente nos ingresos económicos das persoas traballadoras, “como é o caso de quen quere informar ao SEPE do número de fillos/as que ten a efectos da prestación pola súa situación de ERTE”.

Privatización dos servizos públicos

En consecuencia, na CIG-Ourense consideran que “queda clara” a intención de seguir afondando na privatización de servizos públicos e na redución de persoal das Administracións. “Semella que os recortes viñeron para quedarse”, lamentan.

Neste senso, entenden que este tipo de políticos son “un novo golpe económico para unha provincia como a nosa, na que o emprego público representa unha parte moi importante dos salarios e das pensións que percibimos”.

Por todo isto, reclamanqueas Administracións volvan á atención presencial á cidadanía ao igual que seestá a facer no resto dos sectores edas actividadeseconómicas. “Máis aínda nesta situación de incertezae grave crise sanitaria, social e económica na que estamos e na que aínda está por vir”.