A CIG pide a liberación inmediata da militante palestina Khitam Saafin

E de todas as persoas presas nos cárceres de ocupación de Israel

Internacional -

  O 2 de novembro de 2020, as forzas de ocupación sionistas arrestaron, unha vez máis, a principal militante nacional, Khitam Saafin, membro da Secretaría Xeral da Unión Xeral de Mulleres Palestinas e líder dos Comités da Muller Palestina, despois de asaltar a súa casa, na cidade de Beitunia en Ramallah. Esta detención prodúcese como parte dunha política criminal contra o pobo palestino e as súas e os seus líderes nacionais, na que a campaña de arresto foi lanzada pola ocupación israelí, dirixida a moitas e moitos dos presos palestinos liberados/as, en clara violación das leis internacionais.

Os presos e presas palestinas viven nunhas condicións extremadamente difíciles, que non teñen en conta a mínima saúde e os dereitos humanos, sobre todo diante da situación epidemiolóxica actual, e representan unha clara violación do mínimo de dereitos humanos recoñecidos polo dereito internacional.

Dende a CIG sumámonos ás organizacións de mulleres e dereitos humanos e aos colectivos de mulleres dos partidos de esquerda na rexión que, diante do sufrimento continuo das presas nas prisións de ocupación, fan as seguintes demandas:

  • A detención da militante Khitam Saafin forma parte dunha política de ocupación sistemática dirixida a atacar ás mulleres palestinas dirixentes e impedir que poidan cumprir as súas funcións anti-ocupación.
  • Agardamos que as organizacións de dereitos humanos e mulleres da rexión cristalicen unha campaña de solidariedade rexional e internacional para esixir a liberación do camarada Khitam e do resto de presos palestinos e pedimos un apoio serio e real ao movemento de presos/as palestinos.
  • Pedimos á comunidade internacional que presione a ocupación para liberar á compañeira Khitam Saafin e a todos os presos e presas vítimas de arrestos arbitrarios, así como para que pare a política de ataque ás mulleres líderes e de detención administrativa.
  • Consideramos as políticas de detención administrativa, illamento e secuestro de mulleres activistas como unha violación dos dereitos básicos, das normas e pactos internacionais máis básicos e dos valores humanos e morais, o que viola gravemente o cuarto Convenio de Xenebra.
  • Esiximos ao Estado de Israel o respecto aos dereitos humanos e á autodeterminación do pobo palestino.

Volver