A CIG manifesta a súa preocupación polas consecuencias que pode ter para o emprego o incendio declarado este sábado na nave de Jealsa en Boiro. A central sindical demanda da Xunta o compromiso de que se adoptarán as medidas necesarias para garantir todos os postos de traballo.
A CIG salienta que son máis de 1.000 os empregos nesta conserveira da que ten unha grande dependencia a economía da comarca.
O comité de Escurís quere trasladar, ademais, a súa solidariedade coas compañeiras e compañeiros de Jealsa, do mesmo grupo empresarial.
01 Xul 2025
17 Xun 2016
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.