A CIG ponse ao dispor da fiscalía para proporcionar toda a información relativa a residencias públicas

Remitiulle un informe no que sintetiza as condicións de extrema dificultade e a carestía de medios

Nacional -

A CIG-Administración Autonómica vén de remitir un escrito á fiscalía, logo de saber que esta solicitou á Xunta de Galiza información sobre a situación de determinadas residencias da terceira idade durante a actual situación de emerxencia sanitaria derivada da epidemia de Covid-19, ofrecéndose a colaborar en todas as cuestións relativas a estes centros. Xunto a isto remitiu un informe da situación, a data de onte, en centros que dispensan servizos sociais, no cal se recollen as consideracións do persoal, que está a realizar as súas funcións en condicións de extrema dificultade e carestía de medios, ante a inacción da Xunta.

Segundo este Informe a situación é:

  1. A) PROVINCIA DE PONTEVEDRA
  2. Residencias de maiores

1.1. Residencia de Maiores de Cerdedo Contan, neste momento, con 14 persoas usuarias porque as de centro de día están nos seus domicilios.

Non hai material de illamento respiratorio e equipos especiais para COVID 19. Non hai máscaras FFP3, nin hai batas nin gafas. A día de hoxe, non subministraron ningún tipo de material e quedan unicamente 2 frascos de hidroxel.

1.2. Complexo CRAPD Vigo 1 e Vigo 2

Número de traballadores/as, aproximadamente 385. Desinfectou a UME (exteriores) Non hai material de illamento respiratorio e equipos especiais para Covid-19 para todo o persoal. Teñen escaseza de máscaras (unha por traballadora e quenda), non hai batas nin gafas.

1.3. Residencia de Marín

Número de traballadores/as, aproximadamente 43. Teñen escaseza de gafas e máscaras.

1.4. Residencia de Campolongo

Número de traballadoras/es, aproximadamente 80. Escaseza de material, con existencias para poucos días e falta de material específico para Covid-19.

1.5. Residencia de Maiores da Estrada

Número de traballadores/as, aproximadamente 25. Teñen escaseza de todo tipo de material de autoprotección.

  1. Centros de menores Centro de menores Avelino Montero.

Número de traballadores/as, 18 educadoras de contacto directo (os menores están comprendidos entre 14 e 21 anos). Só contan con luvas e xel.

Teñen illados por precaución un novo ingreso e outro menor que saíu ao hospital. Só o persoal que está en contacto con estes usuarios illados ten equívocos de protección individual.

  1. CEMVI Centro de Emerxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero (CEMVI)

Trátase dunha vivenda protexida. Teñen escaseza de máscaras e xel hidroalcólico, e carecen de gafas, luvas e batas. Parte do material lévano as propias traballadoras.

  1. CAPD, Centros de Atención a Persoas Discapacitadas

CAPD de Redondela

Número de traballadores/as, 167.

Está desinfectando a UME esta mañá do 26 de marzo de 2020, despois de telo denunciado. Facilitaron algúns medios pero as máscaras son as cirúrxicas de papel. Deron pantallas para os do andar primeiro, onde habilitaron todo un módulo dos sospeitosos, tendo aí os positivos illados. Non se fixeron probas nin ao persoal nin a todas as persoas usuarias. Os afectados están confinados na primeira planta (aquí si que lles deron EPIS para Covid-19) e séguese un protocolo de illamento cos demais usuarios por planta. Pero ao non facerse probas, non se sabe se esta sectorización é efectiva porque pódense estar mesturando contaxiados con persoas sas.

Hai case cincuenta persoas de baixa, e varios positivos xa entre usuarios e persoal. Desde as nosas denuncias contrataron a dous médicos (a do centro está de baixa), 2 enfermeiras (hai 3 de baixa) e moveron camareiras limpadoras, ordenanza e oficial 1º de cociña de centros pechados para alí.

Desde a denuncia, tamén, mandaron cantidade inxente de máscaras de papel totalmente inadecuadas.

Os traballadores din que as gafas son imprescindíbeis porque as persoas usuarias adoitan cuspirlles, polo cal se cadra as pantallas son máis acaídas.

Faltan máscaras axeitadas en case todos os centros ou non todo o persoal ten acceso a estas, soamente para casos de urxencia. Así mesmo, por temor a quedar sen materiais de autoprotección e que non llos subministren, gárdase e/ou restrínxese para atender posíbeis situacións de emerxencia.

O Comité de saúde laboral pediu datos actualizados de materiais, EPIS, persoal afectado, persoas usuarias afectadas e probas/test feitos, mais non obtivo resposta ningunha.

  1. B) PROVINCIA DA CORUÑA
  2. Residencias de maiores

1.1. Residencia de Maiores Asistida de Oleiros

Facilítase ao persoal batas, calzas e gorro para uso cos tres residentes que están pendentes de resultado do test. Para atender o resto da residencia non hai EPI, si que lles proporcionan unha máscara para cada dous días cando as máscaras son dun só uso (batas, calzas e gorro non). Non se están facendo tests para confirmar ou descartar os contaxios a todos residentes nin a todo o persoal deste centro e como consecuencia non se están a tomar as medidas previstas en caso de infección.

1.2. Residencia de Maiores Torrente Ballester

Estes días comezaron a dar máscaras cirúrxicas, unha para cada tres días. Non hai persoal suficiente, porque hai baixas que tardan en cubrirse, hai incremento de traballo pola situación que obriga a facer limpezas a fondo e medidas hixiénicas extraordinarias, e o persoal desta Residencia ten unha media de idade elevada, polo que precisaría persoal de reforzo con urxencia

1.3. Residencia de Maiores de Carballo

Só teñen luvas, as máscaras para “reutilizar” (até que aguanten, mesmo unha semana).

1.4. Residencia de Maiores de Ferrol

Facilitáronse máscaras FFP2 para enfermeiras e camareiras-limpadoras e ademais para reutilizar. No centro hai calzas e algunha máscara cirúrxica.

Hai material de illamento respiratorio e equipos especiais para Covid-19, pero son escasos, están gardados e non hai para todo o persoal. Non hai máscaras FFP3.

Non se están a facer tests para confirmar ou descartar os contaxios a todo o persoal residente nin a todo o persoal traballador deste centro, e como consecuencia non se están a tomar as medidas previstas en caso de infección.

1.5. Residencia de Maiores Porta do Camiño en Santiago de Compostela

Neste momento está baleira, polo traslado dos residentes e o persoal ao Hotel Congreso. Descoñecemos que medidas se están a tomar na instalación hoteleira á que se trasladaron.

En canto ao propio centro, vai ser de ingreso de residentes infectados. Estase obrigando a presentarse a traballar ao persoal dos Centros de Dia do Consorcio de Muros e Valga, sen información ningunha, nin das medidas a tomar nin de instrucións a seguir, co agravante de descoñecer o centro, o que pon en risco o persoal e as persoas que ingresen. Ademais, o centro e de válidos, polo que as instalacións (cuartos, portas, acceso aos baños e propios baños) non son axeitadas para as camas hospitalarias.

1.6. Residencia de Maiores Asistida Volta do Castro en Santiago de Compostela

Máscaras para reutilizar, luvas, e para illamentos calzas e bata. Neste momento hai tres residentes illados pendentes de test. Non se están facendo tests para confirmar ou descartar os contaxios a todos os residentes nin a todo o persoal deste centro, e como consecuencia non se están a tomar as medidas previstas en caso de infección.

1.7. Residencia de Maiores da Pobra do Caramiñal

Material de protección baixo mínimos, luvas e máscaras para reutilizar.

  1. Centros de menores

Centro de Menores San Xosé de Calasanz. Complexo de Atención a Menores de Ferrol.

Medios escasos, máscaras para reutilizar, ausencia de protocolos específicos para estes centros.

  1. CAPD, Centros de Atención a Persoas Discapacitadas.

CAPD A Coruña

Facilitouse unha máscara cirúrxica por persoa e quenda; neste momento hai tres persoas traballadoras sospeitosas de contaxio pero na casa: 1 oficial de cociña, 1 educadora e 1 coidadora, pendentes de resultado da proba.

Non se están facendo tests para confirmar ou descartar os contaxios a todos os residentes nin a todo o persoal deste centro, e como consecuencia non se están a tomar as medidas previstas en caso de infección.

  1. Residencias do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

4.1. CAMP (Centro de Atención a Maiores Dependentes) de Melide

Hai batas e máscaras de papel, que non son as axeitadas. Están utilizando só as luvas e as máscaras Estase obrigando a facer quendas por equipas de 38 horas continuadas, sen negociar coa representación legal dos traballadores e traballadoras.

Non se prohibe expresamente que se saque a roupa de usuarios e roupa de traballo de persoal do centro para lavar na casa. Nos centros dependentes do Consorcio hai instrucións de que o persoal garde o uniforme nas taquillas e se leve cada segundo día á casa para lavar. A Dirección do Centro está na casa, facendo teletraballo e dando indicacións por medio de servizos de mensaxería instantánea. A enfermeira vai de luns a venres, polo que no centro quedan as xerocultoras e a PSX soas a fin de semana.

4.2. CAMP de Cerceda

O material facilitado é o mesmo que no resto de centros de consorcio, escaso e para reutilizar. Estase obrigando con mensaxes de whatsapp por parte das Direccións que están teletraballando, a facer quendas por equipas de 38 horas continuadas, sen negociar coa representación legal dos traballadores e traballadoras.

Non se prohibe expresamente que se saque a roupa de usuarios e roupa de traballo de persoal do centro para lavar na casa. Nos centros dependentes do Consorcio hai instrucións de que o persoal garde o uniforme nas taquillas e se leve cada segundo día á casa para lavar.

4.3. Residencia de Ortigueira

Non hai material para persoal infectado. Estase a traballar só con luvas e máscaras para reutilizar.

  1. C) PROVINCIA DE LUGO
  2. Residencias de Maiores

1.1. Residencia de Maiores das Gándaras en Lugo

Están permitindo o uso de unha máscara cirúrxica por quenda e persoa, hai ordes contraditorias dun día para outro, deficiente xestión do persoal existente. Falta de formación específica e non hai material suficiente de illamento respiratorio e equipos especiais para Covid-19, para todo o persoal. Non hai máscaras FFP3 suficientes en caso de illamentos.

1.2. Residencia de Maiores da Milagrosa en Lugo

Estase empregando máscara por quenda e persoa, o material é escaso.

1.3. Residencia de Maiores de Burela

Poden usar unha máscara por quenda e persoa. O material é escaso.

1.4. Residencia de Maiores de Monforte

Escaseza de máscaras e batas, falta de protocolos específicos de actuación, permiten o uso de máscaras cirúrxicas mais non as aconsellan, só a usan no trato directo.

  1. Centros de menores

Centro de especial protección de menores Santo Anxo de Rábade.

Non hai material suficiente. Non se está a usar máscaras. Falta formación específica do persoal.

  1. CAPD

Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Psíquica de Sarria.

Estase empregando máscara por quenda e persoa. Están a pedir voluntarios entre o persoal para dar información específica para casos de illamento por infección. En xeral hai escaseza de material para illamento específico e a formación do persoal é escasa ou nula na maior parte dos centros, así como a existencia de protocolos específicos de actuación.

  1. D) PROVINCIA DE OURENSE
  2. Residencias de maiores

1.1. Residencia de Maiores de Taboadela

Non hai material de illamento respiratorio e equipos especiais para Covid-19, para todo o persoal. Non hai máscaras FFP3. nin hai batas, xabón antiséptico, e tampouco bobina secamáns suficientes (soamente en baños), teñen agora mesmo 3-4 litros de hidroxel, de xel hidro-alcohólico hai 3 dispensadorores para todas as persoas usuarias do centro ( 22 persoas).

As poucas máscaras que teñen foron conseguidas por conta da dirección (non facilitadas directamente).

1.2. Vivenda comunitaria de Vilar de Santos

Non hai material suficiente. Teñen como 15 máscaras cirúrxicas que están a reutilizar. Non teñen gafas. Teñen batas e bobina secamáns e están empregando gorros de cociña que os usarán para as EPIs porque tampouco teñen calzas. Teñen 6 usuarios.

1.3. Residencia de Cabeza de Vaca

A diario utilizan luvas e máscaras de papel. Teñen preparado material por se xorde algún contaxio.

1.4. Residencia de Maiores de Castro Caldelas

So están a utilizar luvas e máscaras de papel; o resto preparado para se hai contaxios. Teñen dous usuarios illados pendentes do resultado da proba.

  1. Centros de menores

2.1. Centro de menores CEM da Carballeira

Teñen material pero reservado para sospeitas e/ou posíbeis contaxios. O que están a utilizar son luvas e xel antiséptico. Teñen tamén preparado para posíbeis contaxios ou por se regresa algún rapaz telo en observación. O material que teñen é porque o compraron dende e CEM. O material que pediron á Consellería estano priorizando e a eles só lle mandan algún xel. A día de hoxe non teñen ningún contaxio nin sospeitas (os rapaces levan confinados 14 días). Continúan sen un protocolo específico para centro de menores.

Volver