A CIG, primeira forza sindical do país

Nacional -

A catro meses do remate do período concentrado de eleccións sindicais, a CIG avanza na súa posición como primeira forza. A central chama a reforzar o traballo e apela a clase traballadora a garantir co seu voto unha representación que defenda, de xeito inquebrantábel, os seus dereitos.

O avance da CIG non só é a nivel nacional. En comarcas como Vigo, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Compostela é primeira forza con porcentaxes superiores, ou de arredor do 30%. Tamén na Administración pública, na construción, na sanidade, na industria, no ensino público ou no sector servizos.

Resultados que reafirman a crecente confianza no modelo sindical que representa a CIG fronte ao sindicalismo español: un sindicalismo galego, reivindicativo, de base, participativo e afastado do pacto cos poderes.

Faise imprescindíbel consolidar esta posición e reforzar a organización e a base afiliativa. Porque hoxe só a CIG está en disposición de enfrontar a patronal e de encabezar a mobilización. Unha mobilización que force o Goberno e a Xunta a dar un xiro radical e a derrogar as reformas laborais, os recortes, o retroceso nos dereitos e nas liberdades democráticas e a recoñecer o carácter plurinacional do Estado. Cuestións imprescindíbeis para avanzarmos como clase traballadora e como pobo galego.

Volver