A CIG reclama a constitución dun Complexo Integral para a Construción Naval na ría de Ferrol

Traballadores/as do sector demandaron, ás portas do estaleiro, diversificación industrial e carga de traballo
Ferrol - 21 Ago 2020

CIG-Industria de Ferrol convocou este venres unha asamblea de delegados e delegadas da industria auxiliar ás portas de Navantia Ferrol e unha posterior concentración para reclamar a constitución dun complexo industrial para a construción naval e demandar carga de traballo para paliar a desocupación mentres nos se comecen as fragatas, evitando así a expulsión ao desemprego do persoal da industria auxiliar.

A CIG-Industria toma así a iniciativa diante dun futuro “incerto e preocupante”, aínda máis complicado pola situación provocada polo Covid-19, retomando as mobilizacións en demanda de que haxa unha diversificación industrial e carga de traballo.
Nese sentido, exixiron que se adianten os prazos das F110 mais tamén que se dean pasos para garantir a recuperación do mercado civil e a posta en valor da fábrica de turbinas “como única garantía para estabilizar o emprego e o futuro na comarca”.