A CIG rexeita o acordo sobre as 35 horas na Administración Xeral do Estado porque non garante a súa aplicación

A central sindical lembra que se trata dunha reclamación histórica que ten que ser recollida nun dereito “real, efectivo e para todo o persoal”
Nacional - 27 Mar 2026

A CIG non asinou o acordo sobre a xornada de 35 horas para a Administración Xeral do Estado porque o documento presentado polo Goberno español na Mesa Xeral de Negociación carece de garantías, está aberto á interpretación, non concreta o ámbito de aplicación e non consolida esta xornada como un dereito, ao negarse Función Pública a blindala xuridicamente.