A CIG saúda a iniciativa do Concello de Muras de bonificar o prezo do recibo da luz á súa poboación

A medida, aprobada por unanimidade, recolle o obxectivo impulsado pola central para dotármonos dunha Tarifa Eléctrica Galega
A Coruña - 15 Set 2016
Representantes da CIG-Industria e da Unión Local da CIG da Mariña mantiveron este xoves un encontro con membros da Corporación municipal do Concello de Muras, para trasladarlle o apoio e a satisfacción pola recente aprobación dunha Ordenanza Municipal para bonificar o prezo do recibo eléctrico ao conxunto da súa poboación. A ordenanza, que foi aprobada por unanimidade no Pleno municipal,  recolle plenamente o obxectivo impulsado pola CIG para termos unha Tarifa Eléctrica Galega.