A CIG-Saúde de Vigo convoca unha protesta contra a eliminación dunha praza de celador/a no centro de saúde da Dobrada

A concentración terá lugar este xoves 27 de maio ás 11:30 horas

Vigo -

A federación de Saúde da CIG de Vigo convoca unha protesta para rexeitar a intención da Xerencia da área sanitaria de eliminar unha praza de celador/a no centro de saúde da Dobrada. Dende a central sindical denuncian que o Sergas vai aproveitar a xubilación dunha celadora para reconverter a praza en persoal de servizos xerais. A concentración terá lugar este xoves 27 de maio ás 11:30 horas diante do centro médico.

Volver