Denuncian a privatización de parte das funcións do persoal de hostalaría do hospital Montecelo

En concreto a limpeza de camas do persoal de garda e a reposición da roupa de aseo, que fan os pinches
Pontevedra - 08 Nov 2019

A CIG-Saúde vén de denunciar publicamente que a dirección da EOXI de Pontevedra e do Salnés pretende privatizar unha parte das funcións do persoal do servizo de hostalaría do hospital Montecelo, concretamente as tarefas relacionadas co aseo das camas do persoal de garda e a reposición da roupa de aseo.

Estas tarefas son realizadas actualmente polo colectivo de pinches, mais a estratexia da dirección pasa por adxudicalo en contrato á unha empresa privada, tal como recolle o Documento de Prescricións Técnicas no seu punto 3, para a próximo concurso de contratación do servizo de limpeza (expediente público AB-EIP1-19-006). 

Estas funcións son realizadas na actualidad polo colectivo de pinches

Dende a central lembran que o servizo de hostalaría do hospital Montecelo leva máis de 20 anos co mesmo número de persoal a pesar do aumento considerable de pacientes, de menús e da variedade dos mesmos, situación aumentou de xeito importante a carga de traballo.

“Pero a dirección prefire privatizar, incluso a costa de encarecer o custe do servizo, en lugar de contratar persoal propio”, sinalan. Con todo, queren deixar moi claro que a calidade do servizo e a profesionalidade das traballadoras/es está por riba de calquera interese privatizador. Finalmente, anuncian que a CIG-Saúde levará a cabo todas as accións que considere oportunas na defensa dun servizo de hostalaría público.