• Nova

A CIG-Servizos de Ourense logra a maioría absoluta nas eleccións da residencia de maiores Domus Vi en Piñor

A central fíxose con 3 dos 5 representantes no comité
Ourense - 18 Xan 2022

A federación de Servizos da CIG vén de de gañar por maioría absoluta as eleccións sindicais celebradas este luns na Residencia de Maiores de Domus Vi en Piñor, Barbadás, ao conseguir 3 dos 5 membros que integran o comité de empresa.

A CIG foi a central sindical que recibiu máis votos, cun total de 47, fronte aos 21 de CCOO. Por colexios, a CIG obtivo 3 representantes no de especialistas ao sumar 43 votos, mentres que CCOO contabilizou 1 grazas aos 14 apoios conseguidos. O delegado/a do colexio de técnicas/os e administrativos/as foi para CCOO, que logrou 7 votos, por 4 da CIG. 

A central sumou un total de 47 votos, fronte aos 21 de CCOO

Dende a federación de Servizos-Ourense consideran que este resultado é un recoñecemento das traballadoras/as da empresa ao labor sindical desenvolvido nos últimos catro anos pola CIG, “aínda estando en minoría cun único representante, fronte aos 4 que tiña CCOO no comité”.

Finalmente, trasládanlle o seu agradecemento ao cadro de persoal de Domus Vi en Piñor polo apoio recibido no proceso electoral, “dando deste xeito continuidade a este sindicato na loita e na defensa das condicións laborais do conxunto das traballadoras/es da empresa, condicións que se viron fortemente mermadas pola pandemia”.