A CIG traslada o apoio ao persoal da sanidade arxentina despedido en plena pandemia

O colectivo estaba reclamando os seus dereitos laborais

Internacional -

A CIG traslada toda súa solidariedade ao colectivo do persoal sanitario despedido nos últimos días na provincia arxentina de Misións por reclamar os seus dereitos laborais e todo o apoio ás compañeiras e compañeiros das organizacións sindicais ATE e a CTA-A que se están mobilizando na súa defensa.

Nos pasados días, e en plena situación de emerxencia pola pandemia da Covid-19, 25 traballadores e traballadoras da sanidade foron despedidas polo Ministerio de Saúde Pública e Parque da Saúde na provincia de Misións (Arxentina), executando unha decisión que se tiña tomada dende o mes de novembro do pasado ano.

A única razón destes despedimentos é que solicitaban melloras salariais e condicións de traballo dignas. Resulta indignante e inadmisíbel que un colectivo composto esencialmente por mulleres, que recibiu o aplauso da sociedade civil polo seu esforzo e en plena celebración do "Ano da Enfermería Misionera", sexa despedido por reclamar os seus dereitos laborais.

Volver