A CIG traslada o seu pesar e solidariedade a familiares, amizades e persoas achegadas, polo falecemento de Xosé Manuel Beiras Torrado. Economista, profesor e político nado en Santiago de Compostela en 1936, Beiras foi promotor de diversas organizacións políticas e tivo, durante décadas, un papel clave no nacionalismo.
(Fotografía cedida por Arxina)
A súa obra intelectual, especialmente O atraso económico da Galiza, e a súa traxectoria política deixan unha fonda pegada en varias xeracións de nacionalistas, como unha voz que foi capaz de levar ao espazo público a idea de que Galiza é unha nación con dereito a decidir o seu futuro.
A súa figura forma xa parte da memoria política contemporánea de Galiza.
Que a terra che sexa leve, compañeiro!