A Comisión de Centro do CHUAC prosegue mobilizacións para esixir o cese da dirección de Enfermería
A Comisión de Centro do CHUAC continuou este venres co calendario de mobilizacións para esixir o cese de toda a dirección de Enfermería, á que acusan de falta de xestión, incapacidade para xestionar as ausencias de persoal, falta de liderado na toma de decisións ou nula comunicación co persoal.
"Todo isto, denuncia a secretaria da Comisión, Lucía Peón (CIG), leva ás e aos profesionais "a vivir nun continuo estado de estrés, xa agudizado pola pandemia, e que neste momento resulta insoportábel".
Critica que tras varias denuncias por parte da Comisión, e malia iniciar mobilizacións, "non houbo ningunha actuación por parte do Xerente, polo que consideramos que é cómplice da situación tan grave que se está vivir, entendendo que o persoal de enfermería, imprescindíbel nesta organización, parece que non lle importa".