A comunidade educativa galega segue a reaxir ante os recortes da Consellaría de Educación

Numerosos centros seguen mobilizándose reclamando a dotación de persoal necesario

Nacional -

O 17 de setembro a CIG-Ensino facíase eco das primeiras mobilizacións das comunidades educativas que daban pequenos froitos en canto a rectificacións do goberno da Xunta de Galiza e, semanas despois de comezado o curso, a realidade dos recortes segue a ser unha realidade por moito que a Consellaría queira ocultalos.

Nestes días delegados e delegadas de persoal da CIG-Ensino teñen acompañado a comunidades educativos de centros galegos que reclaman poder dar ou recibir aulas con normalidade, sen superar as ratios establecidas legalmente, co persoal necesario para a atención ás necesidades educativas ou incluso, nalgúns dos casos, contar con algo tan básico como o persoal necesario para poder impartir aulas.

Así, nestes últimos días a CIG-Ensino ten participado e apoiado concentracións nos seguintes centros: CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña), IES Rego da Trabe, (Culleredo), IES Miraflores (Oleiros), CPI de Miño (Miño), CEIP Sagrada familia Labaca (A Coruña), CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña), CEIP Sanjurjo de Carricarte (A Coruña), CEIP Vila de Rutis (Culleredo), CEIP Ría do Burgo (Culleredo), CEIP Valle Inclán (Oleiros), CEIP Pedro Barrié de la Maza (Sada), IES Concepción Arenal (Ferrol), CEIP San Xoán de Filgueira (Ferrol), CEIP Monte dos Postes (Compostela), CEIP As Fontiñas (Compostela), CPI Pontecarreira (Frades), IES Espiñeira (Boiro), IES da Pobra (A Pobra), IES Gregorio Fernandez (Sarria), IES Becerreá (Becerreá), IES Lucus Augusti (Lugo), IES de Poio (Poio), CEE Saladino Cortizo (Vigo)

Hai tamén outros centros nos que os recortes seguen a ser un problema, como IES de Beade, IES A Sangriña, IES de Chapela, CEIP Heroínas de Sálvora, CPI Fonte Díaz, IES Nº 1 de Ribeira, CPI Pecalama, IES Pontepedriña, CEIP de Artes, CEIP Felipe de Castro…

A CIG-Ensino ten trasladado todas estas demandas á administración galega, xa sexan nas xefaturas territoriais ou na dirección xeral de centros e recursos humanos e anima á comunidade educativa en xeral e ao profesorado en particular a seguir adiante coa denuncia dos efectos dos recortes e coas demandas dos postos de traballo necesarios para que máis pronto que tarde sexan cubertas estas necesidades.

Necesidades que grazas a estas mobilizacións nalgúns casos están sendo cubertas polo que chaman a todas as comunicades educativas a reaxir e mobilizarse para lograr o que por exemplo xa lograron nas últimas horas o IES de Poio ou o IES Bouza Brey.

O sindicato demanda tamén a implicación dos concellos afectados para que se poñan do lado da defensa dos centros educativos, que se convoquen os consellos escolares municipais e que se pronuncien sobre unha situación que hai que superar.

Volver