A ideoloxía da guerra en Ucraína e en Israel

Thierry Meyssan - 07 Mar 2024

As guerras de Ucraína e de Gaza parécense máis do que moitos pensan... polo menos se se coñece a Historia. A guerra de Ucraína non comezou coa operación militar rusa senón cos masacres na rexión de Donbass. A guerra de Gaza non comezou coa Operación “Diluvio de Al-Aqsa” senón hai 75 anos, coa Nakba. Se ollamos cara atrás, veremos como os verdadeiros responsábeis destas dúas guerras enarboran a mesma ideoloxía

 Xeralmente, toda guerra define quen somos “nós” e quen son “eles”. “Nós” somos o Ben e “eles” son o Mal.

 Os dirixentes occidentais  declaran que a guerra en si mesma é mala, mais afirman que hoxe é indispensábel fronte ás agresións de Rusia e de Hamás. Segundo os dirixentes occidentais, Rusia, ou máis ben o seu presidente, Vladimir Putin, soña con se apoderar dos nosos bens e con destruír o noso sistema político. Din que, despois de invadir Ucraína, invadirá tamén Moldavia e os países bálticos, e que logo continuará cara a Occidente. Hamás, pola súa banda, é presentado como unha seita chea de odio que comeza violando e decapitando os xudeus por antisemitismo e que continuará invadindo Occidente en nome da súa relixión.

 É ben observar que tanto Israel como os Estados Unidos se fundaron polos seus exércitos: Haganá e o Exército Continental. Hoxe en día, a gran maioría dos dirixentes políticos de ambos os países fixeron carreira nas forzas armadas ou nos servizos secretos. Pero os dirixentes de Israel e de Estados Unidos non son os únicos con esas características xa que Xi Jinping é un ex militar e Vladimir Putin provén dos servizos secretos soviéticos, o KGB.

 Habería que se preguntar en que se basean os delirios e temores do Occidente político e como estes lle impiden percibir a verdade. Se Francia non invadiu Ruanda, Rusia tampouco invadiu Ucraína. Do mesmo xeito que París, que interrompeu o masacre desatado contra os tutsis ruandeses, Moscova interrompeu o masacre desatado contra os ucraínos rusofalantes no Donbass. Do mesmo xeito que París en Ruanda, Moscova estivo movido, no Donbass, pola súa «Responsabilidade de Protexer»[1] e pola necesidade de pór en aplicación as resolucións adoptadas polo Consello de Seguridade da ONU.

 Pola súa banda, os palestinos non violan nin decapitan xente por pracer –aínda que algúns si pertencen a unha seita que o fai. Se os palestinos loitan contra os israelís non é por antisemitismo –só a corrente “histórica” de Hamás se basea no odio contra os xudeus mentres que a maioría da palestinos loita contra o sistema de apartheid que o Estado hebreo lles impón.

 A cegueira colectiva ten probabelmente como función primaria a de borrar os crimes anteriores de Occidente. En efecto, foron precisamente as “democracias” de Estados Unidos e dos países membros da Unión Europea as que organizaron o derrocamento do presidente electo ucraíno, Viktor Yanukovich, en 2014. Foron tamén os representantes das “democracias” occidentais de Alemaña e Francia os quen asinaron, sen intencións de aplicalos –segundo confesaron despois a chanceler alemá Angela Merkel e o presidente francés Francois Hollande–, os Acordos de Minsk, que debían garantir a paz aos ucraínos do Donbass. Só ao cabo de anos, Merkel e Hollande recoñeceron que o seu verdadeiro obxectivo fora gañar tempo para armar a Ucraína. Segundo os termos consagrados polo Tribunal de Nuremberg esa flagrante violación dos compromisos internacionais contraídos é o máis grave de todos os crimes, o crime «contra a paz».

 Foi tamén a «maior democracia do Medio Oriente», Israel, quen roubou, metro a metro, mediante a ocupación militar e recorrendo a innumerábeis subterfuxios, a meirande parte dos Territorios Palestinos recoñecidos como tales na resolución 181 do Consello de Seguridade da ONU, en 1947.

 A cegueira colectiva de Occidente probabelmente ten tamén como función a de permitir que as nacións occidentais cometan novos crimes. Por iso, non nos debe asombrar que Occidente se empeñe en tratar de afundir a economía rusa. Tampouco nos deben asombrar os discursos que chaman á realización dunha limpeza étnica na Palestina xeográfica e que promoven, en definitiva, a expulsión dun millón de palestinos.

 Benyamin Netanyahu e Volodimir Zelensk asisten xuntos a unha cerimonia solemne en Babi Yar, onde 30 000 xudeus foron masacrados polos nazis… e polos colaboradores ucraínos do III Reich. A hipocrisía reinante ponse de manifesto no feito que ao Memorial de Babi Yar se chega pasando pola avenida que hoxe leva o nome de Stepan Bandeira, o “Guía” (Providnyk) da Organización dos Nacionalistas [integristas] Ucraínos, colaboradores dos nazis.

 O obxectivo destes conflitos non é o acaparamento de recursos, senón a ocupación de territorios. Os nacionalistas integristas ucraínos de Dimitro Dontsov, sempre reclamaron, desde 1917, a posesión da Novorossiya anarquista de Nestor Makhno, a rexión do Donbass e a Crimea bolxevique. É certo que o ucraíno Nikita Jrushov puxo eses territorios baixo a administración da Ucraína soviética, pero Kiev non pode invocar a historia recente para reclamalos.

 Identicamente, os sionistas revisionistas de Zeev Jabotinsky reclaman desde 1920 todo o territorio de Palestina, o Sinaí exipcio, O Líbano, Xordania e Siria, ou sexa todos os territorios que se sitúan entre «o Nilo e o Éufrates». Aínda que o antigo reino de Xerusalén se compuña desa cidade e os seus arredores, iso non lles permite invocar a Historia para xustificar as súas conquistas contemporáneas.

 Adoita dicirse que a pirámide de idade da poboación determina a agresividade dos Estados. Os Estados cuxa poboación se compón maioritariamente de xente nova de entre 15 e 30 anos serían por natureza máis propensos á guerra. Pero Ucraína non está nese caso, nin tampouco Israel. Por certo é máis ben Palestina, non Israel, quen debería ser máis propensa á guerra, segundo a teoría da pirámide de idade da súa poboación.

 A cuestión ideolóxica é probabelmente o máis importante. Dimitro Dontsov e o seu monicreque criminal, Stepan Bandeira, deron unha dimensión épica aos nacionalistas integristas ucraínos, presentándoos como herdeiros dos viquingos suecos, os Varegos, supostamente destinados a masacrar os «moscovitas» para chegar a Valhalla. Actualmente, o «Fuhrer branco», Andriy Biletsky, dirixiu sucesivamente as tropas da División Azov derrotadas en Mariupol, a 3ª brigada de asalto derrotada en Bajmut/Artemiovosk e, máis recentemente, as forzas ucraínas derrotadas en Avdiivka. Da mesma maneira, Benyamin Netanyahu, cuxo pai foi secretario particular de Zeev Jabotinsky, non vacila en comparar os palestinos cos antigos amalecitas. Con iso quere dicir que, en cumprimento das ordes de Yahvé, é necesario exterminar os palestinos, para impedir que esa raza rexurda en contra dos hebreos. Ao mesmo tempo, o exército de Israel destrúe sistematicamente todas as universidades e escolas da franxa de Gaza e xa masacrou 30.000 civís, invocando a «loita contra Hamás» como pretexto.

 No pasado, o ucraíno Dimitro Dontsov estabeleceu unha alianza con Hitler, desde 1923, ou sexa antes de que este último alcanzase o poder. Dontsov converteuse despois nun dos administradores do Instituto Reinhard Heydrich, que se ocupaba da aplicación da «Solución Final» ás poboacións xudía e xitana. O xudeu ucraíno Zeev Jabotinsky, foi aliado de Dontsov desde 1922, e en 1935 fundou a escola de cadros do Betar en Civitavecchi (Italia) con axuda do Duce Benito Mussolini. Finado en 1940, Jabotinsky non chegou a desempeñar un gran papel na Segunda Guerra Mundial. Pero as accións de Jabotinsky, como as de Dontsov, non deixan lugar a dúbidas sobre a adhesión dos nacionalistas integristas ucraínos ao nazismo nin sobre a adhesión dos sionistas revisionistas ao fascismo.

 Tamén está presente a lóxica territorial dos réximes fascistas e nazis no discurso actual do presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, e na retórica do primeiro ministro israelí, Benyamin Netanyahu. Entrementres, o o presidente ruso, Vladimir Putin, e o presidente palestino, Mahmud Abbas, aluden á defensa dos seus pobos.

 

[Artigo tirado do sitio web Rede Voltaire, do 5 de marzo de 2024]