• 19-04-10 SegundaXornadaFolgaUnitonoOurense01.jpeg
  • 19-04-10 SegundaXornadaFolgaUnitonoOurense02.jpeg
  • 19-04-10 SegundaXornadaFolgaUnitonoOurense03.jpeg
  • 19-04-10 SegundaXornadaFolgaUnitonoOurense04.jpeg

A presión do persoal de Unitono obriga a Xunta a reunirse coa empresa

A segunda xornada de folga contra a deslocalización de Ourense a Reus tivo tamén un 100% de seguimento

Ourense -

A unidade e determinación na loita que están a demostrar as traballadoras/es de Unitono, empresa do sector dos centros de chamadas que pretende deslocalizar a atención ao cliente de Naturgy dende Ourense a Reus, obrigou a Xunta a implicarse no conflito laboral. A secretaria xeral de Emprego mantivo onte unha reunión con representantes do comité, na que a responsábel autonómica se comprometeu a reunirse con Unitono o vindeiro 25 de abril, así como a poñerse en contacto con Naturgy para reclamarlle que manteña o servizo en Galiza.

Representantes sindicais de Unitono mantiveron onte un encontro coa secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, para trasladarlle a problemática laboral derivada da apertura dunha plataforma en Reus, o que con toda probabilidade suporá o despedimento das máis de 130 empregadas/as que se encargan da atención ao cliente de Naturgy dende as instalacións situadas no Parque Tecnolóxico de Galiza, na localidade ourensá de San Cibrán das Viñas. 

Na CIG agardan que a implicación da Xunta "sexa real e non unha mera delaración de intencións"

A representación do persoal de Unitono está a desenvolver unha intensa campaña na busca de apoios políticos e institucionais, ao tempo que convocou paros dunha hora por quenda durante dúas xornadas, que tiveron un seguimento total. A última delas tivo lugar onte, e ao igual que a celebrada o pasado luns, foi aproveitada polas traballadoras/es para levar a cabo unha concentración diante da empresa.

Na CIG agardan que a implicación da Xunta no conflito “sexa real e non se quede nunha mera declaración de intencións, tendo en conta que a decisión de Unitono suporía unha perda importante de postos de traballo nunha empresa altamente feminizada e nunha comarca como a de Ourense que padece un grave problema de desemprego”.

Volver