A representación da CIG no Concello de Cambre advirte da falta de persoal en todos os departamentos

Cambre - 16 Nov 2023

Diante das novas que están a publicarse sobre a problemática que atravesa o Concello de Cambre relativas á falta de persoal na Policía Local, ás dificultades nos pagos das facturas e na contratación das obras, servizos e subministros necesarios para que a administración poida funcionar e atender as necesidades das súas veciñas e veciños, a representación das persoas traballadoras da CIG neste concello fai as seguintes aclaracións:

  • Estase a centrar o problema da falta de persoal na Policía Local, pero obviase que esta problemática ocorre en todos e cada un dos departamentos do Concello: protección civil, servizos sociais, obras e servizos, a brigada municipal de obras, cultura, educación, deportes, xuventude, secretaría, intervención…
  • Sen esquecer as consencuencias do mantemento da taxa de reposoción nas administracións locais que non permite dimensionar suficientemente os cadros de persoal, denuncian que o Goberno municipal está a amosar "un grave inmobilismo na xestión do seu persoal, sendo exemplo desta errática xestión o impedimento sen xustificación a unha nova, actual e xusta valoración de postos de traballo que permita actualizar as función dos nosos postos de traballo e, como consecuencia, a valoración económica destes, ou a falta do desenvolvemento dun sistema de carreira profesional que é un dereito das e dos empregados públicos".
  • Como consecuencia desta grave situación, tendo en conta os escasos efectivos cos que conta o Concello e co ánimo de asegurar a prestación de servizos á veciñanza, moitas persoas traballadoras están a prestar traballo extraordinario sen percibir as correspondentes retribucións dende hai meses. Non sendo suficiente o grave prexuízo que isto supón, lamentan que por enriba estean a recibir críticas de todo tipo, especialmente centradas no servizo da Policía Local, que pasa por serias dificultades.

Por estes motivos, a representación da CIG no Concello de Cambre quere trasladarlle á veciñanza as condición nas que se está prestando o traballo "con escaseza de persoal, sen a valoración económica e funcional actualizada e sen a dignidade nin o respecto que o noso traballo merece como empregadas de empregados públicos".