A suba do paro en agosto evidencia a precariedade e a estacionalidade do mercado laboral galego

A perda de emprego en sectores como a educación ou en actividades profesionais administrativas confirma o fracaso do modelo ligado ao turismo
Nacional - 02 Set 2025

O mes de agosto rematou con 1833 persoas paradas máis e con 2280 persoas afiliadas á Seguridade Social menos en Galiza, o que confirma a precariedade e a estacionalidade do mercado laboral. A perda de emprego rexistrada neste período en sectores como a educación ou en actividades profesionais administrativas evidencia ademais o fracaso do modelo ligado ao turismo, xa que o aumento da contratación en sectores como a hostalaría ou o comercio non compensou a perda que tivo lugar na educación e nas actividades administrativas.

Esta elevada estacionalidade do emprego imposibilita que amplas capas da clase traballadora teñan acceso a unhas condicións laborais “que lle garantan poder ter un futuro digno”, tal e como denuncia o secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG. Paco Sío tamén sinala que os datos amosan unha extensión da precariedade, xa que a afiliación á Seguridade Social cae nos sectores con mellores condicións como o educativo e medra nos que peores condicións teñen, como a hostalaría ou o comercio. 

O mes de agosto rematou con 1833 persoas paradas máis e con 2280 persoas afiliadas á Seguridade Social menos en Galiza

“Vemos tamén como foi o mes no que menos contratos indefinidos se rexistraron, uns 15.000, mentres que os temporais aumentaron es todo o período estival, o que significa que se segue a abusar deste tipo de contratos con peores condicións e con baixos salarios”. Por outra banda, os indefinidos son maioritariamente a tempo parcial, “polo que a persoas traballadoras non teñen cubertas as súas necesidades económicas”.

En consecuencia, Sío insiste na necesidade de derrogar a reforma laboral de 2012 “para que o despedimento non sexa tan barato e non se poida xogar coa estabilidade da xente para responder ás necesidades das empresas”. E reitera o fracaso da reforma de 2021 “xa que se está a abusar da contratación indefinida parcializada que non permite unha vida digna”.

Preto de 110.000 persoas paradas

Segundo o SEPE, Galiza conta na actualidade con 109.691 persoas anotadas como demandantes de emprego, mentres que o número total de persoas afiliadas á Seguridade Social situouse en 1.111.206.

Persoas paradas

 

 

Variación

 

Xullo

Agosto

Absoluta

%

A Coruña

42.740

43.595

855

2,0%

Lugo

10.457

10.660

203

1,9%

Ourense

13.090

13.345

255

1,9%

Pontevedra

41.571

42.091

520

1,3%

Total

107.858

109.691

1833

1,7%

Fonte: SEPE

Persoas paradas por sectores

 

 

Variación

 

 

Xullo

Agosto

Absoluta

%

Sector primario

3.148

3.132

-16

-0,5%

Industria

10.282

10.555

273

2,7%

Construción

6.764

6.808

44

0,7%

Servizos

77.736

79.177

1.441

1,9%

Sen emprego anterior

9.928

10.019

91

0,9%

Total

107.858

109.691

1.833

1,7%

Fonte: SEPE

A caída da afiliación concentrouse en agosto fundamentalmente no sector servizos, aínda que tamén na industria manufactureira. O descenso afecta sobre todo a persoas con contratos indefinidos, sendo a modalidade de fixos-descontinuos a máis prexudicada.

O aumento da afiliación en ramas como a hostalaría, o comercio e as actividades sanitarias e de servizos sociais serviu para paliar, en parte, a forte caída rexistrada noutros ámbitos. O caso máis destacado é o da educación, que perdeu 1918 persoas afiliadas só no último mes.

Tamén se produciu un descenso significativo nas actividades administrativas e profesionais, así como na industria manufactureira, que se sitúan entre as ramas máis prexudicadas.

O retroceso na afiliación afectou principalmente ao réxime xeral e, dentro deste, ás persoas con contrato indefinido, sendo as fixas-descontinuas as que sufriron con máis intensidade a perda de emprego. Pola contra, os contratos temporais experimentaron un incremento.

Afiliación á SS segundo rama de actividade.

 

Total Regimenes(RG+RETA)

Variación

2025/07

2025/08

Absoluta

%

TODAS

1.066.786

1.064.559

-2.227

-0,2%

SECTOR PRIMARIO

31.075

31.052

-23

-0,1%

I. EXTRACTIVAS

1.841

1.833

-8

-0,4%

I. MANUFACTUREIRA

140.540

139.981

-560

-0,4%

ENERXÍA

1.710

1.726

15

0,9%

AGUA

7.661

7.715

54

0,7%

CONSTRUCIÓN

83.722

83.806

83

0,1%

COMERCIO

183.236

183.545

309

0,2%

TRANSPORTE

53.883

53.756

-127

-0,2%

HOSTALARÍA

93.651

94.994

1.344

1,4%

INFORMACIÓN E COMUNICACIÓNS

27.188

26.975

-213

-0,8%

ACT. FINANCEIRAS E DE SEGUROS

17.225

17.195

-31

-0,2%

ACT. INMOBILIARIAS

4.948

4.965

17

0,3%

ACTIVIDADES PROFESIONAIS

61.858

60.864

-993

-1,6%

ACT. ADMINISTRATIVAS

71.038

70.118

-920

-1,3%

ADMIN. PÚBLICA

62.237

62.631

394

0,6%

EDUCACIÓN

57.249

55.331

-1.918

-3,4%

ACT. SANITARIAS E DE S. SOCIAS

116.001

116.696

694

0,6%

ACT. ARTÍSTICAS, RECREATIVAS

19.938

19.798

-141

-0,7%

[OUTROS SERVIZOS

31.305

31.099

-206

-0,7%

ACT. DOS FOGARES COMO EMPREGADORES

434

439

6

1,3%

ORGANISMOS EXTRATERRITORIAS

45

40

-5

-10,0%

Fonte: SS