
A VII Asemblea da CIG-Construción de Vigo reelixe a Carlos Méndez como secretario comarcal

A VII Asemblea da CIG-Construción de Vigo celebrada recentemente reelixiu a Carlos Méndez Iglesias como secretario comarcal. No proceso tamén se renovou a Executiva e escolléronse os representantes da federación na Dirección comarcal.
Deste xeito, Méndez será o encargado de dirixir a federación da Construción e Madeira (FCM) na comarca de Vigo durante catro anos máis despois de que a súa lista, a única que concorreu ao proceso, contase co apoio dos máis de medio cento de afiliados/as que participaron nas votacións.
Membros da Executiva comarcal:
-Carlos Méndez Iglesias.
-Ricardo Arias Alén.
-María do Carme Serantes Sabarís.
-Xulio Vicente González.
-Alberto Fernández Campo.
-Urbano Alonso Estévez.
-Lorenzo González Fernández.
-Jesús Domínguez Vidal.
-Xosé Xoán Melón González.
Representantes da federación na Dirección comarcal:
-Carlos Méndez Iglesias.
-Ricardo Arias Alén.
-Xulio Vicente González.
-Alberto Fernández Campo.
-Lorenzo González Fernández.
-Xosé Xoán Melón González.