A Xerencia da EOXI Pontevedra-Salnés discrimina o persoal de enfermaría en prácticas

A CIG-Saúde denuncia que a medida afecta a máis de 60 profesionais

Pontevedra/Salnés -

A CIG-Saúde denuncia que a Xerencia da EOXI Pontevedra e Salnés, aproveitando os recortes no contrato do transporte intercentros (hospital Provincial e Montecelo), impídelle aos alumnos/as de prácticas de enfermaría utilizar este transporte para desprazarse entre os dous centros para realizar a súas prácticas. Esta medida afecta a máis de 60 profesionais en prácticas, o que constitúe unha discriminación máis deste colectivo.

Volver