A Xunta de Persoal do HULA advirte da escaseza de roupa no hospital lucense
A Xunta de Persoal do Hospital Lucus-Augusti denuncia que dende hai preto de 15 días estase rexistrando escaseza de roupa no hospital lucense, como sábanas, fundas de almofada, colchas, toallas, camisións ou pixamas.
Esta carencia, alertan, afecta á dignidade ao benestar das persoas doentes, especialmente daquelas persoas que teñen estancias prolongadas ou necesidades especiais. Subliñan que a roupa hospitalaria non é un luxo e inciden en que este problema xa foi comunido á xerencia por parte da Xunta de Persoal.
Por iso, exixen que se solucione de inmediato o problema de aprovisionamento de roupa, que se tomen as medidas oportunas para garantir que non se volve repetir, e que se dote ao hospital dos orzamentos necesarios para manter stocks axeitados.