Arrancan os "xoves do naval" en demanda de carga de traballo

- 14 Feb 2020

Traballadores e traballadoras de Navantia iniciaron este xoves un novo calendario de mobilizacións en demanda de carga de traballo que reverta a caída na ocupación que se vai producir en breve, así como un plan estratéxico a longo prazo que remate coa dependencia da construción militar e a periódica expulsión do persoal das auxiliares ao desemprego.

As asembleas que se celebraron nos dous estaleiros aprobaron mobilizarse todos os xoves de febreiro e marzo, nunha iniciativa proposta pola CIG-Industria baixo o lema "xoves do naval". Deste xeito, as protestas iranse alternando entre concentracións e manifestacións e, a maiores, o persoal acudirá tamén aos plenos de Ferrol e Fene a á manifestación comarcal convocada para o 15 de marzo.