Arxentina: 10 verdades sobre o goberno de Mauricio Macri

Salim Lamrani - 13 Dec 2016

A política de austeridade levada polo Goberno tivo un impacto dramático sobre as clases populares, a vida económica e o desenvolvemento do comercio. Segundo o Instituto Nacional de Estatística e Censos (INEC), o 32% dos arxentinos vive na pobreza

Tras un ano no poder o presidente arxentino presenta un balance catastrófico.[1]

  1. Nun ano, baixo o goberno de Macri, houbo 200.000 despedimentos en Arxentina.
  2. Houbo unha depreciación do peso do 40% o que ocasionou un aumento importante dos prezos con consecuencias dramáticas para a maioría dos arxentinos.
  3. As tarifas de transporte, gas, auga e electricidade aumentaron entre un 200% e un 2000% segundo os casos.
  4. A inflación pasou dun 32% ao 45% e a economía está en recesión.
  5. A política de austeridade levada polo Goberno tivo un impacto dramático sobre as clases populares, a vida económica e o desenvolvemento do comercio. Segundo a Igrexa Católica 1,4 millóns de arxentinos caeron por baixo do limiar de pobreza desde a chegada ao poder de Macri. Na capital a taxa de pobreza pasou do 20% ao 33%. Segundo o Instituto Nacional de Estatística e Censos (INEC), o 32% dos arxentinos vive na pobreza, ou sexa 8,7 millóns de persoas, e o 6,3% vive na indixencia, ou sexa 1,3 millóns de persoas.
  6. Centenas de miles de arxentinos multiplican as manifestacións e esixen un cambio de política e o cesamento das medidas contra as camadas máis vulnerábeis. Segundo as sondaxes o 43% dos arxentinos ten unha opinión negativa do goberno de Macri contra un 26% que aproba a súa xestión.
  7. O importe da débeda disparouse nun ano pasando do 43% ao 55% do PIB.
  8. O déficit fiscal é dun 7%, o que obrigou o Goberno a contratar empréstitos de máis de 50.000 millóns de dólares en apenas un ano.
  9. O Goberno de Macri tamén atentou contra a pluralidade da prensa ao censurar a canle latinoamericana Telesur, que xa non está dispoñíbel no paquete que ofrece Cablevisión en Arxentina.
  10. O Goberno Macri procedeu a unha represión implacábel de toda protesta social. O caso de Milagre Salas, elixida no Parlamento suramericano e militante indíxena, é emblemático. Está encarcerada desde xaneiro de 2016, en violación da súa inmunidade parlamentaria, baixo a acusación de “incitación a cometer delitos”, por organizar unha manifestación na provincia de Jujuy. As Nacións Unidas denuncian esta represión e cualifican esta detención de “arbitraria” e ilegal. A Comisión Interamericana de Dereitos Humanos, Amnistía Internacional e outras organizacións de defensa dos dereitos humanos esixen tamén a súa liberación.

 

[Artigo tirado do sitio web Alainet, do 12 de decembro de 2016]