• 19-12-13 ProtestaColexioSagradoCorazonDeza01.jpeg
  • 19-12-13 ProtestaColexioSagradoCorazonDeza02.jpeg
  • 19-12-13 ProtestaColexioSagradoCorazonDeza03.jpeg
  • 19-12-13 ProtestaColexioSagradoCorazonDeza04.jpeg

As traballadoras/es do colexio Sagrado Corazón do Deza apostan por continuar coa folga indefinida

Reclaman o pago das nóminas pendentes dende hai 4-6 meses

Lalín -

As traballadoras/es do colexio Sagrado Corazón do Deza, en Lalín, afectadas/os polos impagos de salarios decidiron hoxe en asemblea continuar coa folga indefinida e coas mobilizacións diarias para reclamar a liquidación das débedas pendentes -entre catro e seis meses de soldos- e unha saída definitiva á súa problemática laboral. Dende a CIG-Ensino apuntan que a solución sería o cambio de propiedade do centro ou a presentación do concurso de acredores

Diante desta situación de incerteza, as traballadoras/es afectadas/os -arredor de 20 persoas que desenvolven labores non docentes- optaron por reiniciar este mércores a folga e as protestas que suspenderan a mediados do mes de novembro ante a apertura de contactos entre a actual propiedade do colexio e dous empresarios interesados na súa adquisición. Un deles retirouse, e no outro caso continúan os contactos. 

Coincidindo coas xornadas de folga desenvolverán concentracións diarias diante do centro educativo

Hoxe celebraron unha asemblea para analizar a situación e valorar a posibilidade de desconvocar a folga, decisión que finalmente non adoptaron. Tamén aproveitaron a xornada para desenvolver unha nova concentración ás portas do centro educativo, protestas que continuarán a próxima semana todos os días de 12:30 a 13:30 horas.

A situación do persoal é límite, xa que a maioría leva entre catro e seis meses sen ingresar unha nómina, xa que a dirección unicamente abonoulle dous meses de atrasos a algunhas traballadoras/es. “Por iso se retomou a folga indefinida e as protestas, para esixir que paguen os salarios e tomen xa unha decisión que remate coa venda do centro ou coa presentación do concurso de acredores”, sinalan dende a CIG-Ensino de Pontevedra.

Volver