Asemblea de afiliados/as da CIG-Industria sobre o convenio do metal de Ourense

Este xoves 10 no salón de actos da casa sindical ás 20:00 horas

Ourense -

A CIG-Industria de Ourense convoca unha asemblea de afiliados/as para abordar a situación do convenio provincial do metal, cuxa vixencia remata este ano. No encontro, que terá lugar este xoves 10 no salón de actos da casa sindical ás 20:00 horas, decidirase se se denuncia o convenio co obxectivo de comezar as negociacións.

Volver