Asemblea para abordar o presente e o futuro do convenio provincial do metal de Pontevedra

O mércores 30 de xuño en Tameiga (Mos) ás 18:00 horas

Vigo -

A federación de Industria da CIG de Vigo convoca unha asemblea de persoas afiliadas para abordar o presente e o futuro do convenio provincial do sector do metal de Pontevedra. O encontro terá lugar o mércores 30 de xuño no Centro Socio Cultural e Deportivo As Pedriñas, en Tameiga (Mos), a partir das 18:00 horas.

Segundo explican dende a CIG-Industria, na asemblea analizarase o proceso de negociación do convenio asinado por CCOO e UGT, o traballo realizado e as mobilizacións celebradas para rexeitalo e a estratexia a levar a cabo de cara á negociación do vindeiro convenio.

Ao mesmo tempo, incidiron en que o encontro que terá lugar no CSDC As Pedriñas (Avenida do Rebullón, 23) celebrarase baixo cuberta ao aire libre e gardarase a distancia social recomendábel para garantir todas as medidas de protección fronte á covid.

Volver