Asinado o calendario laboral da construción da provincia da Coruña para 2021

A FCM-CIG opúxose a aceptar a condición da patronal de introducir futuros cambios
A Coruña - 22 Out 2020

A Federación de Construción e Madeira da CIG informa que foi aprobado o calendario laboral da construción da provincia da Coruña para o ano 2021, para o que se conseguiu que a patronal aceptara fixar 2 festivos de convenio no verán.

» Descarga aquí o calendario laboral de 2021 

A FCM-CIG negouse a aceptar a condición empresarial para asinar o novo calendario de recoller a posibilidade de futuras modificacións deste por motivo da covid-19 ou calquera outro, tal e como fixeron en 2020 precisamente coa oposición da CIG.

A central sindical entende que tipo de acordos deixan aberta a posibilidade de que os calendarios inicialmente acordados acaben modificados no futuro e só xeran inseguridade e incertidume no sector, como xa pasou coa modificación pactada por UGT, CCOO e patronal no ano 2020.

Un cambio que provocou multitude de problemas nas empresas e permitiu que moitos empresarios abusaran do acordo no seu propio beneficio, desfavorecendo o conxunto do persoal do sector e con particular incidencia nos colectivos máis indefensos (como no caso do persoal das empresas nas que non existe representación dos/as traballadoras/as ou coas persoas recén contratadas).