Basta de represión sindical en Coren

- 09 Xul 2019

A CIG estase a mobilizar este martes en Ourense para denunciar a represión sindical no grupo Coren, tras o despido dun candidato ás eleccións sindicais e as ameazas e coaccións ás persoas que forman parte da lista da CIG.

A protesta, que se desenvolve nos arredores do Coren Grill da Ponte, forma parte da campaña de accións que a central está a desenvolver en defensa da liberdade sindical e denunciar que "estamos fartos/as da impunidade coa que actúa Coren e da falsa imaxe pública que se obsesiona por cultivar de que é un modelo de creación de emprego e de desenvolvemento, cando é exemplo de precariedade, explotación, clientelismo, caciquismo e represión”.