Botan a andar as asembleas de delegados/as arredor das medidas da CIG para unha saída galega e xusta da crise

Celebraranse de xeito descentralizado en todas as comarcas ao longo de novembro

Nacional -

A CIG comezou xa a celebrar as asembleas de delegados/as que se desenvolverán por toda Galiza no marco da campaña para esixir unha saída galega e xusta á crise con políticas que non supoñan, unha vez máis, saquear a clase traballadora.

Con este obxectivo, a central elaborou unha batería de propostas para a recuperación económica, a industrialización e a creación de emprego digno na nosa terra, con medidas de carácter transversal e sectorial nas que os poderes públicos teñen que xogar un papel fundamental e a través das que se insta a facer unha forte aposta en favor das forzas sociais galegas para o desenvolvemento deste proceso.

Estas medidas que a CIG pon enriba da mesa están a centrar precisamente as asembleas convocadas por todo o país, de forma descentralizada, para facilitar a participación e dar cumprimento a todas as medidas de prevención fronte á covid.

» Consulta aquí o documento completo coas propostas da CIG 

Volver