“Carlos, Serafín, indulto xa”
Ducias de solidarios reclaman unha medida de graza que evite a entrada na cadea dos dous traballadores vigueses
Vigo -
As rúas de Vigo acolleron este xoves unha nova mobilización solidaria con Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores/as condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete durante a folga provincial do transporte en 2008. Ducias de persoas acudiron á chamada das tres centrais convocantes -CIG, CCOO e UGT- e participaron na concentración que tivo lugar diante do Marco para reclamarlle ao Goberno que lles conceda un indulto que evite a súa entrada na cadea.
“Non son ladróns, son traballadores”, “Carlos, Serafín, indulto xa” e “Non pode ser, obreiros na cadea e corruptos no poder” foron de novo as consignas que máis se escoitaron durante a protesta.
Novas relacionadas