Delegados/as da CIG concéntranse en Quirón Prevención para reclamar máis seguridade

A Coruña - 16 Mai 2024

Delegados e delegadas da CIG concentráronse este xoves diante das oficinas de Quirón Prevención da Coruña para exixirlle un maior control e rigorosidade nas tarefas preventivas e que determine as medidas necesarias para garantir a seguridade e a saúde das traballadoras e os traballadoras naquelas empresas que teñen contratados os seus servizos.

Quirón Prevención é unha das compañías de prevención máis importantes e moitas empresas da comarca teñen contratados os seus servizos para a supervisión e elaboración dos recursos en materia de riscos laborais. Porén denunciouse na concentracións, en moitas das súas decisións "está antepondo o interese da empresa contratista á protección das persoas traballadoras".

Diante disto, e a raíz dunha actuación concreta nunha reunión do comité de seguridade e saúde de Metalúrgica Gallega, a CIG  acordou facer esta protesta e trasladarlle una queixa escrita a Quirón Prevención, denunciando que a política empresarial deste servizo "transixa con situacións en relación coa seguridade moi graves", que mesmo poden cualificarse "como riscos graves e inminentes".

Fronte a este desleixo, a CIG reclámalle a Quirón Prevención que antepoña a saúde do persoal ao beneficio das empresas que contratan os seus servizos, que garanta unha aplicación da lei de prevención de riscos con rigorosidade e que poña en marcha todas as medidas necesarias para garantir que os traballadores e as traballadoras poidan realizar o seu traballo nunhas condicións da seguridade.