CIG-Ensino demanda a negociación da selección de direccións conforme a LOMLOE

Critica os cambios forzados nos orzamentos dos centros cando as contasxa estaban pechadas

Nacional -

Tras un curso escolar no que todas as direccións que remataban mandato tiveron que prorrogalo pola situación de confinamento total que se producía en aplicación do estado de alarma, na primavera do 2020, e coa publicación e entrada en vigor da LOMLOE no que se refire á selección da dirección, a CIG-Ensino dirixiuse xa á Consellaría para solicitar que se convoque Mesa Sectorial e se inclúa a orde para convocar a selección neste ano 2021.

Hai que ter en conta que, a maiores de todas as persoas que tiveron que prorrogar forzosamente o seu mandato neste curso, no mes de marzo finaliza o prazo para que quen non desexe continuar no cargo o comunique á Consellaría e a praza que ocupa sexa incluída no proceso de selección, polo que é de agardar unha ampla oferta de prazas.

A principal novidade da LOMLOE ao respecto das direccións está no final do período de maioría cualificada de representantes da Administración imposta unilateralmente na LOMCE e que, malia poder regulala noutro sentido, a Xunta do PP aplicou con man de ferro durante estes anos, negándose ás propostas de maior democracia na selección proposta reiteradamente pola CIG-Ensino.

Até agora a Comisión estaba composta por 7 persoas, das que 4 eran nomeadas pola Consellaría, 2 polo Claustro e 1 polo Consello Escolar. Coa nova redacción da LOMLOE retómase o reparto que existía orixinariamente na LOE: un terzo de profesorado elixido polo Claustro, un terzo polo Consello Escolar entre representantes non docentes e outro terzo nomeado pola administración, sendo unha destas persoas unha directora ou director en activo dun centro no que se impartan as mesmas ensinanzas que teña un ou máis períodos con avaliación positiva. Ademais terán unha valoración especial o profesorado candidato do propio centro.

Os cambios da LOMLOE eliminan a maioría da Administración na Comisión e supoñen a volta á LOE

 A nova norma abre a porta a que o curso de formación para a función directiva non teña porque considerarse como un requisito e si como un mérito. A CIG-Ensino, que sempre defendeu que ese curso non se convertese nun impedimento para poder seleccionar a profesorado do propio centro que contase co apoio do Claustro, demandará que na convocatoria o curso non sexa excluínte, xa que de toda formas quen acceda ao cargo terá que facelo.

 

A consellaría complica a xestión económica dos centros educativos con ingresos coas contas pechadas

 

Todos os centros educativos galegos recibiron un escrito no que se anunciaba un ingreso económico que a Consellaría denomina como “gastos de funcionamento adicionais correspondentes ao 2.020”. Unhas contías que teñen a consideración de “anticipo” para o ano 2021, polo que o orzamento de gastos de funcionamento para este exercicio será axustado na mesma contía.

É dicir, ingresan uns cartos no 2.021, necesarios dados os gastos producidos pola pandemia, que os centros deben incluír na conta xeral do ano 2020, xa pechada e aprobada cando se recibiu a comunicación da Dirección Xeral de Centros.

As direccións dos centros educativos están de por si saturadas de traballo e durante a pandemia este traballo viuse claramente aumentado tanto en carga directa como na presión producida pola situación, polo que desde a CIG-Ensino criticamos que se fixese con tanta demora. Que esta nova mostra de ineficacia da Administración chegue despois de ter aprobadas as contas implica, como se indica no escrito remitido aos centros, “xerar de novo todas as páxinas da xustificación de contas e volver a enviala para substituír á anterior”, o que supónademaispasar as contas de novo polos organismos pertinentes, Comisión de contas e Consello Escolar, aumentando máis a burocracia e a carga de traballo.

Volver