CIG-Ensino insta a Educación a deixar o electoralismo e negociar con rigor e seriedade a OPE de 2020

Demanda que se inclúa unha cláusula de estabilidade para o profesorado interino

Nacional -

A conselleira de Educación ven de anunciar a Oferta de Emprego Público para 2020, que se produce sen previa negociación coas organizacións sindicais, sen achegar datos sobre xubilacións, nin número de interinidades nas distintas especialidades. Un anuncio no que avanzou que se convocarían oposicións en 90 especialidades cun número total de prazas algo superior ao de 2019 e que a CIG-Ensino entende que responde a “mero electoralismo e non dá resposta ás necesidades do sistema educativo galego”.

O único que si se sabe é que non se vai crear novo emprego, porque así o impide o acordo dos sindicatos estatais co goberno central e porque os orzamentos da Xunta para 2020 mesmo recollen unha redución de 45 postos de traballo nos corpos de secundaria con respecto a 2019.

Dado que o acordo entre os sindicatos estatais co anterior goberno Rajoy impide a creación de novos postos de traballo, de cumprirse  isto suporá unha simple substitución de profesorado temporal por fixo. Aínda máis, se temos en conta que o borrador dos Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano que vén inclúe unha redución de profesorado nos corpos de secundaria (pasamos de 17.966 no 2019 a 17.921 no 2020) está claro que esta OPE non vai resolver as carencias existentes no ensino público galego.

Así mesmo, outro dato que sorprende é o de que se convocarían prazas de 90 especialidades, algo que non acontecía desde o ano 2007, e para o que descoñecemos que estudo realizou a Consellaría ao respecto da idade e do número de persoal interino que hai en cada especialidade.

Neste sentido, e tendo en conta os datos de adxudicación de destinos provisionais deste curso, que sempre son algo inferiores ao número total de interinidades finalmente adxudicadas, na CIG-Ensino contabilizamos que hai 75 especialidades nas que traballan 10 ou máis persoas interinas e 41 nas que traballan 20 ou máis.

Isto significaría que despois de anos de conxelación de emprego público agora se convocarían procesos selectivos en especialidades con menos de 10 interinos traballando, pero dado que o número de prazas sería moi semellante ao do ano pasado, 1.788 de acceso libre e 2.064 se sumamos as de promoción interna que practicamente non se cobren, pódese intuír que serían moi poucas en cada especialidade, polo que de novo estamos ante unha estratexia meramente propagandística como a que nos ten acostumados a Consellaría nestes dous últimos anos.

Así pois, desde o sindicato instamos á súa titular a que negocie de forma rigorosa e seria a OPE de 2020 e que achegue os datos que permitan ver as necesidades educativas dos próximos anos no sistema público galego.

Acordo de estabilidade para o persoal interino

A Consellaría incrementou o número de interinos na última década polas limitacións nas taxas reposición de efectivos e agora, un profesorado que foi usado para facer fronte a esas necesidades, é desprezado pola propia administración.

Toda oferta pública de emprego debería diferenciar as prazas que son produto de xubilacións ou de falecementos das que, sendo estruturais e vacantes, foron ocupadas durante anos e anos por profesorado interino.

Un acceso diferenciado a estas prazas foi o que propuxo a CIG tanto na Mesa sectorial estatal como no Consello Escolar do Estado (a semana pasada) pero a nosa proposta foi rexeitada en ambos foros.

Así pois, a única alternativa para o colectivo interino, que pode verse abocado ao paro despois de moitos anos de conxelación de ofertas de emprego e que, tal e como se demostrou nestes últimos anos, non é o que maioritariamente aproba as oposicións, é que se inclúa unha cláusula de estabilidade no actual acordo que rexe a contratación de efectivos temporais no ensino público galego.

Neste sentido, a CIG-Ensino volverá reclamar a negociación desta cuestión na Mesa Sectorial na que se aborde a OPE de 2020 á que espera que a Consellaría acuda con ánimo de negociar  e sen máis anuncios electorais que distorsionen dita negociación.

NOTA: nas seguintes táboas aparecen desagregadas as especialidades con máis de 10 interinidades adxudicadas no CADP deste ano, un dato que sempre se ve lixeiramente incrementado polas contratacións que se producen a maiores a comezos de curso pero que a Consellaría aínda non nos facilitou.

 

ESPECIALIDADES CORPO MESTRES/AS                   INTERINIDADES CADP

 

597031-Educación infantil

139

597038-Primaria

56

597032-Idioma estranxeiro: Inglés

65

597033-Idioma estranxeiro: Francés

57

597034-Educación Física

39

597035-Música

40

597036 e 597060 - Educación especial: Pedagoxía Terapéutica

137

597037 e 597061 - Educación especial: Audición e Linguaxe

87

597039-Orientación

86

 

ESPECIALIDADES CORPO

PROFESORADO SECUNDARIA

INTERINIDADES CADP

590001-Filosofía

36

590003-Latín

35

590004-Lingua castelá e literatura

54

590005-Xeografía e historia

60

590006-Matemáticas

118

590007-Física e química

57

590008-Bioloxía e xeoloxía

44

590009-Debuxo

62

590010-Francés

47

590011-Inglés

52

590016-Música

10

590017-Educación Física

43

590018-Orientación Educativa

41

590019-Tecnoloxía

24

590053-Lingua e literatura galega

76

590061-Economía

31

590101- Administración de empresas

29

590103-Asesoría e procesos de imaxe persoal

19

590105-Formación e orientación laboral

40

590106-Hostalaría e turismo

27

590107-Informática

25

590108-Intervención sociocomunitaria

13

590109-Navegación e instalacións mariñas

13

590110-Organización e xestión comercial

23

590111-0rganización e proc. de mantenemento de vehículos

11

590112-0rganización e proxectos de fabricación mecánica

15

590113-Organización e proxectos sistemas enerxéticos

15

590115-Procesos de producción agraria

12

590116-Procesos na industria alimentaria

11

590117-Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos

15

590118-Procesos sanitarios

24

590119-Procesos e medios de comunicación

13

590123-Procesos e produtos en madeira e moble

17

590124-Sistemas electrónicos

19

590125-Sistemas electrotécnicos e automáticos

11

 

 

 

 

ESPECIALIDADES CORPO PTFP                             INTERINIDADES CADP

 

 

591033-Prácticas e actividades

20

591033-Equipamentos electrónicos

39

591201-Cociña e pastelaría

22

591203-Estética

19

591204-Fabricación e instalación de carpintería e moble

17

591205-Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos

14

591206-Instalacións electrotécnicas

17

591208-Laboratorio

16

591209-Mantemento de vehículos

31

591211-Mecanizado e mantemento de máquinas

16

591214-Operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios

18

591216-Operacións de produción agraria

16

591217-Patronaxe e confección

18

591218-Peiteado

11

591219- Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico

12

591220-Procedementos sanitarios e asistenciais

28

591221-Procesos comerciais

22

591222-Procesos de xestión administrativa

29

591223-Produción de artes gráficas

18

591225-Servizos á comunidade

59

591225-Servizos de restauración

16

591227-Sistemas e aplicacións informáticas

48

591228-Soldadura

19

591229-Técnicas e procedementos de imaxe e son

27

 

ESPECIALIDADES CORPO

PROFESORADO EOI

INTERINIDADES CADP

592004-Chinés

10

592011-Inglés

72

 

ESPECIALIDADES CORPO

CMUS-ESAD

INTERINIDADES CADP

594436-Danza clásica

10

594460-Linguaxe musical

16

594423-Piano

12

 

ESPECIALIDADES CORPO

EASD

INTERINIDADES CADP

595509-Deseño interiores

14

595512-Deseño gráfico

12

Volver