A CIG gaña as eleccións sindicais nos parques de bombeiros/as de Verín, Xinzo, A Rúa e O Carballiño

A central, con 28 votos, case duplica á seguinte opción, UGT, con 15

Ourense -

A CIG gañou as eleccións sindicais celebradas nos parques de bombeiros/as de Verín, Xinzo de Limia, O Carballiño e A Rúa de Valdeorras, xestionados pola empresa Veicar. A central, que obtivo 28 votos, case duplicou á segunda opción, UGT, con 15, logrando 2 dos 5 delegados/as que se escollían no comité.

O resto da representación sindical foi para UGT (1 delegado/a); Sibgal, con 14 votos e 1 delegado/a; e USO, 12 votos e 1 delegado/a. 

A CIG logrou 2 dos 5 delegados/as que se escollían no comité

A sección sindical da CIG nos parques de bombeiros/as de Veicar agradece a confianza amosada polo cadro de persoal na súa candidatura, ao tempo que reafirma o seu compromiso coa defensa dos dereitos laborais e pola mellora das condicións de traballo do conxunto dos traballadores/as da empresa.

Ao mesmo tempo, dende a central sindical indican que este resultado electoral avala o traballo desenvolvido nos últimos anos e manifestan que seguirán a traballar en conxunto coa representación de persoal para defender os dereitos laborais e sociais de todos/as empregados/as.

Volver