CIG-Industria convoca o persoal de Elinco a unha asemblea para informar da situación do concurso de acredores

A central reuniuse este luns co administrador concursal
Ferrol - 29 Out 2019

A CIG-Industria convoca os traballadores e as traballadoras de Elinco Construcciones Eléctricas a unha asemblea para este xoves, 31 de outubro, ás 19:30 horas no local da central sindical de Ferrol para informar do falado co administrador concursal, explicar os pasos a seguir dentro do concurso e aclararlles as dúbidas que poidan ter con respecto das súas demandas.

A Federación de Industria da CIG lembra que Elinco despediu a todo o seu cadro de persoal hai uns meses e solicitou concurso de acredores para ir á liquidación da empresa. Unha vez nomeado o administrador, a central sindical pediu unha reunión de inmediato con el co obxectivo de demandar toda a documentación existente e coñecer os trámites do proceso.

Da información obtida nese encontro, que se celebrou onte luns, darase puntual traslado aos traballadores/as na asemblea deste xoves.