CIG-Povisa denuncia que a empresa non proporcionou información algunha sobre problemas económicos

Lembra que é obriga do hospital dar conta desta cuestión ao comité de empresa
Vigo - 04 Xul 2019

A sección sindical da CIG en Povisa, diante das informacións aparecidas en prensa en diversos medios, segundo a que o Hospital Povisa ten máis perdas que nunca (7 millóns de euros) manifesta que “non temos ningunha notificación, por parte da empresa, dos problemas económicos que se describen nos distintos medios de comunicación”.

Xunto a isto denuncia que, unha vez máis, “Hospital Povisa incumpre o artigo 64 do Estatuto das/os traballadoras/es, non dando información ao Comité de Empresa”.

Lembra que precisamente esta forma de actuar da empresa foi o motivo polo que foi sancionada pola Inspección de Traballo, no seu grao máximo, cunha multa de 6.000 euros.