CIG-Saúde solicita do SERGAS a retirada das máscaras defectuosas e tests ao persoal que as usou

Alerta de posibles contaxios pola falsa sensación de protección

Nacional -

Segundo a información que se publica hoxe na prensa médica e non médica, o Ministerio de Sanidade enviou a todas as Comunidades Autónomas unha alerta sanitaria, para que procederan á retirada inmediata de todas as mascaras “Garry Galaxy” contidas en envases verdes.

A CIG-Saúde ten constancia de que estas máscaras estanse a utilizar nos centros sanitarios do SERGAS, en unidades de hospitalización e de urxencias. Advirte que o persoal puido estar sometido a un posible contaxio por considerar que estaba protexido con elas, cando non foi así.

Por iso demanda que se proceda á inmediata retirada deste material, que se identifique a todo o persoal que estivo en exposición de risco, cunha falsa protección, e se proceda de inmediato á realización do test que corresponda.

Agarda ademais que se adopten estas medidas coa maior dilixencia posíbel.

Volver