"Clece despide e o Sergas consinte"

As traballadoras e traballadores da limpeza do HULA están desenvolvendo esta semana concentracións para reclamar a readmisión inmediata dunha compañeira á que Clece despediu, "por non cumprir os obxectivos", debido a que estivo de baixa laboral por unha enfermidade crónica.

Para denunciar a inxustiza da empresa (concesionaria do servizo de limpeza), o persoal realizou onte dúas concentracións no hospital de Lugo e mañá volverase mobilizar 09:30 a 09:45 horas e de 18:30 a 18:45 horas.

Volver