Clece non acude ao SMAC polo despedimento dunha traballadora
A loita pola readmisión da traballadora da limpeza do HULA á que Clece despediu por "non cumprir obxectivos" ao estar de baixa por enfermidade crónica, continuará agora pola vía xudicial, xa que a empresa nin sequera se presentou no acto de conciliación que hoxe tivo lugar.
Con gallo da conciliación, compañeiros e compañeiras da traballadora realizaron unha concentración ás portas do SMAC de Lugo para esixir á súa inmediata reincorporación. Alén do proceso xudicial, o persoal ten intención de continúar coas mobilizacións contra a política da empresa de ameazas as traballadoras con coaccións telefónicas, cambios nas vacacións, entrevistas obrigatorias, etc.
Novas relacionadas