Comité do Concello de Cariño censura a falta de negociación

Cariño -

O Comité de empresa do Concello de Cariño censura "a prepotencia e ocultismo" co que actúa o Goberno local. Explican que, tras varias peticións de información e documentación que non foron contestadas, o pasado 10 de novembro solicitaron unha reunión co alcalde para coñecer e negociar as cuestións que afectan ao persoal. Petición que tampouco obtivo resposta.

"A día de hoxe, denuncian, o alcalde leva máis dun ano sen reunirse co Comité de empresa do Concello de Cariño".

Franciso Loureiro, Presidente do Comité, subliá que a falta de negociación en temas fundamentais como cobertura de baixas, organización do traballo, orzamentos, etc. "pode ocasionar graves consecuencias tanto ao persoal como á cidadanía do Concello de Cariño".

Por iso solicitan do alcalde que "cumpra coas súas obrigas de negociación e nos convoque o máis urxente posíbel a unha reunión".

Volver