Concentración-asemblea nas Pontes para avaliar a xuntanza no Ministerio e animar a secundar a folga do 16-O

As Pontes - 03 Out 2019

Traballadores e traballadoras de Endesa e das súas auxiliares realizaron esta tarde unha concentración-asemblea na que se informou do resultado da reunión que tivo lugar onte coa empresa, o Ministerio de Transición Ecolóxica e a Xunta. Ademais, coa esta protesta quérese facer un chamamento á participación masiva na folga xeral que se desenvolverá nas Pontes o vindeiro 16 de outubro e na manifestación prevista nese día en Madrid, ante a falta de garantías de mantemento do emprego nas auxiliares. De igual xeito, animan tamén a secundar as accións previas que se convoquen á xornada de folga.