Concentración na central das Pontes para esixir a Endesa información clara e concreta

As Pontes - 28 Nov 2019

Dende ás 6:45h deste xoves, estase desenvolvendo unha concentración na rotonda de acceso á central das Pontes para esixir a Endesa que dea a cara e informe con claridade e concreción dos plans que ten para as instalacións. A protesta manterase até ás 19h, xa que a esa hora o persoal trasladarase a Ferrol para participar na manifestación convocada por CIG, CCOO e UGT en demanda de políticas de reindustrialización para as comarcas de Ferrol-Eume-Ortegal.

Ante os últimos anuncios de Endesa (propiedade da italiana Enel), a CIG demanda a constitución inmediata da mesa de traballo para tratar o futuro das Pontes, buscar alternativas, meter a comarca nos planos de reindustrilización e poder planificar un proceso de transición enerxética xusto e ordenado.